Ourol Informa
OBXECTO:

Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.

Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
  • Do 1 ao 6 de xaneiro.
  • Os días 20, 21 e 22 de febreiro.
  • Do 3 ao 10 de abril.
  • Do 22 de xuño ao 8 de setembro
  • ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

a) Necesidades puntuais:
  1. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
  2. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
  3. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.
  4. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.

b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.

TIPO DE AXUDA E CONTÍA

Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións. A contía máxima da axuda será:
  • De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 15 de setembro
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal


Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 12-Julio-2023 13:53