A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vai abrir a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 no ano 2023. PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras. DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal). As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 25 de setembro de 2023. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. INFORMACIÓN: - Resolución do 4 de agosto de 2023 da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG nº 167 de 4 de setembro de 2023). |
Info General 04-Septiembre-2023 09:56
|