Celebración do día do emigrante
📍Lugar: Torreiro de festas de Moscoso
📆 3 de xullo as 20:00h
Coa actuación de “Os Coribantes”
Celebración do día do emigrante
📍Lugar: Torreiro de festas de Moscoso
📆 3 de xullo as 20:00h
Coa actuación de “Os Coribantes”
30-Junio-2022 12:42
Cultura e Ocio
Por 5º ano consecutivo o CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN participa no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA" que este ano celebra a súa X Edición.
No seu momento comunicaremos con suficiente antelación as datas, lugares e horarios das actividades que se levarán a cabo en Pazos de Borbén e que organizará a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos".
De seguido transcribimos íntegramente a nota de prensa da presentación da X Edición deste Festival que tivo lugar o pasado día 15 de xuño na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela con toda a información para darlle a máxima difusión entre a poboación, á que animamos a participar das actividades tanto en Pazos de Borbén como no resto dos concellos de Galicia:
O FESTIVAL ATLÁNTICA CELEBRA DEZ ANOS CONSOLIDÁNDOSE COMO UN REFERENTE DOS ENCONTROS DE NARRACIÓN ORAL NACIONAIS E LUSÓFONOS
Entre o 30 de xuño e o 9 de xullo, Atlántica levará os contos de 42 artistas a 24 concellos repartidos polas catro provincias galegasSerá un total de 94 funcións de narradores de Colombia, Brasil, Arxentina, Portugal, Marrocos, Zamora, País Vasco, Valencia e GaliciaPracticamente todos os espectáculos serán ao aire libre, moitos deles en espazos de gran valor patrimonial e naturalSantiago, 15 de xuño do 2022.- O Festival Atlántica vén de anunciar este mércores o programa completo da súa décima edición, que se vai celebrar entre o 30 de xuño e o 9 de xullo. A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa na que participaron Anxo Lorenzo, secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora de Atlántica. Ademais, tamén acudiron ao acto numerosos representantes de concellos, asociacións e colectivos colaboradores do festival.
Felloza manifestou a súa ledicia polo décimo aniversario do festival e salientou que “en estes anos non se acomodou e segue a apostar pola innovación e a hibridación de formatos e a fusión con outras disciplinas” pero sen esquecer un dos seus principais obxectivos “facer falar o noso territorio, o noso patrimonio material, nun diálogo co patrimonio inmaterial das historias”.
Pola súa banda, Xurxo Couto aproveitou a súa quenda para “poñer o valor o traballo da organización do festival co asociacionismo local” e o seu esforzo “pola dignificación profesional so sector que se dedica á narración oral”. No que respecta a Mercedes Rosón, subliñou a “calidade maiúscula” do programa de Atlántica e a profusión de actividades que acollerá Santiago, “sede primixenia” do encontro.
Na súa intervención Anxo Lorenzo reafirmou o compromiso do Goberno galego con este festival, “un dos máis importantes da Península Ibérica e referente da lusofonía neste eido”, pola súa “contribución ao intercambio entre os pobos e á descentralización da oferta cultural, cun calendario de actuacións nunha vintena de concellos de todo o territorio galego”, indicou.
Intenso programa
Máis corenta artistas actuarán nas 94 funcións previstas nos 24 concellos repartidos nas catro provincias galegas. O Festival Atlántica, que celebra dez anos ininterrompidos de actividade malia a pandemia, vaise desenvolver de novo no verán, con boa parte dos espectáculos ao aire libre e en espazos de gran valor patrimonial.
Ao longo destes días xuntaranse en Atlántica artistas internacionais como Carolina Rueda (Colombia), Vitoria Siedlecki (Arxentina), Claudia Fonseca (Brasil), Sofia Maul (Portugal), Vítor Fernandes (Portugal) ou Estefânia Surreira (Portugal), pero non faltarán voces nacionais como as de Virginia Imaz (País Vasco), Félix Albo (Valencia) ou José Luis Guiérrez ‘Guti’ (Zamora). O programa complétase cunha nutrida nómina de contadores galegos en consonancia co arraigamento que a tradición oral ten no país: Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira, Santi Prego, Avelino González, Lois Pérez ou María da Pontragha, son algúns dos participantes da décima edición.
Atlántica repite este ano a fórmula estival que tan boa acollida tivo o pasado ano así que os contos do festival volverán escoitarse en lugares emblemáticos do patrimonio galego, moitos deles declarados Ben de Interese Cultural. Entre os escenarios de Atlántica figurarán, entre outros, a Torre do Allo en Zas, o Castelo de Castrodouro en Alfoz, o Centro de Interpretación de Cadoval, en Mugardos, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, o Castro de Castrolandín, en Cuntis, ou o hórreo de Carnota, o máis longo de Galicia. Pero Atlántica non esquece os lugares tradicionais de traballo e tan vinculados aos contos como as eiras de Traxeito e de Beixo en Dodro ou os lavadoiros premiados de Penisqueira e Artes en Ribeira.
Os espectáculos tamén terán lugar en zonas naturais como praias, carballeiras ou fragas autóctonas poboadas de petróglifos. Entre as novidades desta edición figura unha sesión de contos de Avelino González durante a subida ao monte Pindo, situado na Costa da Morte e considerado o Olimpo da mitoloxía celta. Tamén haberá contos con Anxo Moure nas casas das árbores en Chantada.
Festa rachada de contos e máis
Atlántica vai inaugurar oficialmente a súa décima edición cun encontro de dous grandes da narración oral galega, Paula Carballeira e Quico Cadaval, no parque de Bonaval de Santiago. Esta fórmula de duetos vaise repetir noutras xornadas do festival, combinando artistas de diferentes procedencias que compartirán co público as súas historias e xeitos de contar.
Haberá funcións ao longo do día e pensadas para todo tipo de público. Así, por exemplo, o parque de Bonaval será a sede do ‘Espazo bebés’ e tamén está previsto un ‘Espazo familias’ que rotará por diversos puntos de Santiago e que chegará ás outras sedes.
Ademais, este ano amplíase o número de funcións con interpretación en lingua de signos e haberá tamén contos narrados en lingua de signos nun dos espectáculos máis singulares desta edición: ‘Contando polos dedos’, con Quico Cadaval e Chusa Pérez de Vallejo nos xardíns da Fundación Pública Galega Camilo José Cela en Padrón. Alén diso, por primeira vez, vai actuar no festival un contador non vidente. Trátase de Francisco de Romualdo que, acompañado da zanfona, está a recuperar os cantares de cego de antano.
Tamén regresan os itinerarios narrados que sempre esgotan as prazas ofertadas. Este ano o público poderá revivir con Carme Varela as historias da súa obra ‘As desterradas’ e descubrir coa arqueóloga Rebeca Santos os segredos que agochan as pedras de Santiago. Ademais, haberá unha visita exclusiva á exposición ‘Santiago no tempo’ na compañía do seu comisario, Manuel Gago.
A música volverá ás rúas de Santiago, nun convite aberto ao público que queira unirse á festa. Así, este ano vaise retomar a colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago nunha ‘Romaría’ moi especial na que participa Celso Fernández Sanmartín (30 de xuño, Praza de Praterías), pero tamén regresará a ‘Gaitazumba’ de Luis Prego e a música e os contos de das catro estacións de Vivaldi grazas a ConcertArt (2 e 9 de xuño, respectivamente, na Praza de Cervantes).E en harmonía co carácter festivo desta edición, a música de Pakolas, Pablo Díaz e Brais das Hortas tamén estará presente noutras sedes.
Un mar de contos
Ao longo destes dez anos de vida o Festival Atlántica foise consolidando como un dos eventos de narración oral máis senlleiros do panorama nacional e un referente dentro da lusofonía. Concibido coa vocación de ser un encontro de voces e historias con perfil atlantista, cada ano reúne en Galicia contadores de diferentes países unidos polo océano Atlántico, aínda que paulatinamente fóronse engadindo convidados doutras rexións. Este ano, por exemplo, participa o valenciano Félix Albo en representación do Mediterráneo.
Unha das características do festival é o seu espírito de deslocalización en todos os sentidos. Así, no ano 2017 inaugurou o formato multisede que sacou as actuacións de Santiago de Compostela e empezounas a repartir por todas as provincias galegas. Seguindo esta filosofía, nesta edición haberá actuacións nas localidades de Ferrol, Teo, Alfoz, Boiro, Cuntis, Dodro, Lalín, Mondoñedo, Mugardos, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Outes, Sanxenxo, Ourense, Pazos de Borbén, Vigo, A Estrada, Campo Lameiro, Carnota, Chantada, Padrón, Paderne e Zas, ademais de Santiago de Compostela.
Este afán de deslocalización é tamén o que impulsa á organización do festival a programar en espazos diversos. As historias de Atlántica contáronse en bares, auditorios, parques, centros escolares, hospitais, barcos, castros, pazos, rúas, cemiterios e mesmo peregrinando no Camiño de Santiago. Outro dos trazos distintivos é a súa diversidade de propostas: contos en lingua de signos, sesións con cans, paseando pola cidade ou historias murmuradas ao oído, entre outras.
Atlántica Miúda
Previamente á inauguración oficial do 30 de xuño, o festival Atlántica tamén vai desenvolver un intenso programa concibido para o público infantil e que estará presente en centros de ensino e bibliotecas de Santiago, Vigo e Ames. Este ano tampouco faltará a colaboración coa Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).
Festival Atlántica
Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo é indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar.
+INFO: http://festivalatlantica.gal
KIT DE PRENSA FESTIVAL ATLÁNTICA: https://cutt.ly/Atlantica2022
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
23-Junio-2022 13:22
Cultura e Ocio
O MÉRCORES DÍA 22 DE XUÑO AO CARÓN DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN EN HORARIO DE 10.00 A 13.00 HORAS ESTARÁ A OFICINA AGRARIA MÓBIL PARA AS SEGUINTES FUNCIÓNS:
1) SERVIZOS ADMINISTRATIVOS Información xeral.
Rexistro de documentación.
Alta e baixas de animais.
2) SERVIZOS VETERINARIOS
Xestión de guías sanitarias
Información sobre autorización e rexistro de explotacións gandeiras.
3) SERVIZOS AGRARIOS
Información de axudas e trámites de rexistros. Información e trámites de viñedo. Aconsellamento de explotacións
14-Junio-2022 13:43
Info Xeral
OBRADOIRO DE CENTRO DE FLORES SECAS
Lugar: Casa do Pensionista Amoedo
Días: 12 e 19 de xullo
Horario: de 16h a 18h
INSCRICIÓNS POR REXISTRO NO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN AS PRAZAS SERÁN ADXUDICADAS SEGÚN O SEGUINTES CRITERIOS:
1o Persoas empadroadas, 2o Persoas non empadroadas
MAIS INFORMACIÓN 986.49.70.35
09-Junio-2022 19:18
Cultura e Ocio
Ponse en coñecemento dos veciños que desexen realizar unha fogueira e/ou sardiñada na súa residencia deberán presentar cumprimentado o modelo de COMUNICACIÓN PREVIA DE FOGUEIRA DE SAN XOÁN EN TERREOS PRIVADOS á súa disposición no Concello ata as 14 horas do día 21 de xuño, sinalando o nome, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI do responsable, así como todos os datos que constan no modelo de comunicación de fogueiras. As persoas responsables teñen que ser maiores de idade.
A presentación da comunicación previa desta actividade supón o coñecemento, aceptación e cumprimento das normas que o modelo inclúe, sendo suficiente este trámite para realizar o evento.
03-Junio-2022 10:35
Info Xeral
E para conmemorar a pronta chegada do Solsticio de Verán e as vacacións escolares o día 23 de abril, teremos con nós ao músico e actor PACO NOGUEIRAS co espectáculo “EXTRA!” baseado no seu Libro-CD do mesmo título editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros mais divertidos.
Esta actividade terá lugar o Venres día 10 de Xuño a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de 1º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer.
os feitos mas recentes. Non os debes perder!
Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
EXTRA! Convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! Pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! É alegría, diversión, imaxinación e información.
EXTRA! EXTRAAAA!!! Se escoitas este berro é o momento de encher ben os pulmóns de aire e berrar con él EXTRA! EXTRAAAA!!!
Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
03-Junio-2022 08:05
Cultura e Ocio
Charla: CONVIVENCIA E ADOLESCENCIA
Establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas.
🧑💻 Imparte: Cristina Martínez Bernárdez. Psicóloga e psicoterapueta especializada en familias, infancia e adolescencia, Coordinadora do Programa Convive de Acompañamento Parental.
📅Data: Mércores, 8 de xuño
⏰Hora: 18:30h
📍Lugar: Salón de actos do Concello de Pazos de Borbén
02-Junio-2022 14:01
Cultura e Ocio
Continuamos coas as actividades cultural-educativas de animación á lectura neste mes de Xuño, cunha actividade que, de xeito ameno e participativo, achegará aos asistentes á mesma a figura do homenaxeado do Día das Letras Galegas 2022, o poeta nacido en Córgomo-Vilamartín de Valdeorras (Ourense) FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, como exemplo de amor á Terra e do mantemento da loita polas ideas, mesmo nas peores circunstancias.
Será a través da peza “DE VALDEORRAS A MÉXICO. Terra a Nosa!” unha proposta da compañía “POLO CORREO DO VENTO” na que se alternará a narración da biografía do homenaxeado coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais. Contará ademais con tradución en lingua de signos, para que sexa accesible a todas as crianzas e asistentes en xeral, e rematará cun pequeno coloquio adaptado ás idades dos asistentes e un obradoiro no que cada participante realizará a súa propia caricatura de Florencio Delgado Gurriarán.
A levarán a cabo Carlos Taboada e Enrique Mauricio de “POLO CORREO DO VENTO” o DÍA 8 DE XUÑO próximo a partir das 13:00 HORAS NO AUDITORIO DO CONCELLO e están convidados a asistir a este evento o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; os usuarios da Asociación ASPAVI, e todos aqueles veciños e veciñas que se inscriban previamente chamando ao teléfono 986 497 273 da Biblioteca.
Esta actividade está patrocinada e financiada polo Departamento de Lingua e Memoria Histórica da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
01-Junio-2022 08:05
Cultura e Ocio
Despois de ter aprazado a actuación prevista para o día 13 de maio por indisposición da actriz Sabela Gago, continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura en BiblioPazos e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, xa recuperada, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.
Esta actividade terá lugar o próximo VENRES DÍA 3 DE XUÑO a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.
Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.
Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?
Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
27-Mayo-2022 08:05
Cultura e Ocio
O vindeiro 31 de maio as 11:30h realizarase no salón de actos do Concello de Pazos de Borbén una charla informativa sobre o programa “Coidados porta a porta”
24-Mayo-2022 12:48
Info Xeral
🔹COIDADOS PORTA A PORTA🔹
A Xunta de Galicia puxo en marcha un programa de Coidados porta a porta que está a percorrer os concellos de Galicia.
Unha unidade móvil estará en Pazos de Borbén os días 31 de maio e 1 , 2 de xuño
Ofrecen servizos de audioloxía👂, podoloxía🦶e estimulación de memoria 🧠
✳️ SERVIZO DE PODOLOXÍA
Consulta básica
Valoración do estado do pé
Corte e limpeza de unllas
Eliminación de durezas, calosidades e helomas
✳️SERVIZO DE AUDIOLOXÍA
Valoración e exploración funcional da audición
Prevención da pérdida auditiva
✳️SERVIZO DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA
Valoración cognitiva
Pautas pra previr ou aminorar o deterioro
Este programa vai dirixido a persoas maiores de 55 anos, de forma totalmente gratuita
Pódese solicitar cita previa:
☎️622.748.283 ou 623.546.992
ou no correo: coidadosportaaporta.políticasocial@xunta.gal
24-Mayo-2022 12:43
Info Xeral
Notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non pode determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou se ignora o lugar de notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
Consulta do listado de parcelas nas oficinas do concello.
1o En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2o En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3o No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
4o En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.
Pazos de Borbén, 18 de febreiro de 2022
23-Mayo-2022 21:07
Info Xeral
BANDO
Andrés Iglesias Rodríguez, Alcalde do Concello de Pazos de Borbén FAI SABER
A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ten como un dos seus obxectivos actualizar o réxime xurídico da loita contra os incendios no medio rural, integrando nel a prevención e a extinción, ademais da protección da poboación, das infraestruturas e das instalacións agrarias.
A planificación preventiva pasa a ser un elemento estrutural fundamental deste sistema, que se asenta na actuación concertada de todas as administracións actuantes no ámbito da defensa contra os incendios forestais.
Nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa será obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento, nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira, como o eucalipto ou varias variedades de pino, entre outras. Estes requisitos deberán cumprirse antes de que remate o mes de maio de cada ano.
En virtude do que antecede, comunícase aos responsables de xestión que dispoñen ata o 31 de maio para o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa nas parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas.
En caso de incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello poderá proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais contemplados legalmente.
No caso de proceder a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, unha vez transcorrido o prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
En caso de incumprimento poderá iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador:
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia):
– A competencia será municipal nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.
– A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en todos os demais casos (solo rústico).
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Para máis información pode contactar coas oficinas municipais. O que se fai público para xeral coñecemento.
19-Mayo-2022 09:34
Info Xeral
Sentimos comunicar que esta actividade queda aprazada ata nova data por indisposición da artista SABELA GAGO que nos comunicou á primeira hora desta mañá a imposibilidade de desprazarse a Pazos de Borbén para realizar a actividade ao dar positiva por COVID-19.
Desexamos a SABELA GAGO unha pronta melloría e recuperación.
Pedimos desculpas ao público polas molestias. Nos próximos días comunicaremos a nova data de realización.
Grazas pola comprensión.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
13-Mayo-2022 13:53
Cultura e Ocio
O martes día 17 de Maio conmemórase en toda Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS no que neste ano o homenaxeado é o poeta natural de Vilamartín de Valdeorras FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos coas actividades educativo-culturais e de animación á lectura do mes de mayo e para conmemorar este importantísimo día para Galicia, o próximo día 20 de Maio teremos con nós á actriz IRENE LORENZO REY da compañía “TRÉMOLA TEATRO” que nos traerá o espectáculo "O POETA DE VALDEORRAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN", un contacontos das Letras Galegas centrado na vida do poeta valdeorrés.
A través da súa vida coñeceremos os seus poemas. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade na que estamos vivindo.
A actividade levarase a cabo dúas sesións:
Á primeira sesión de 11:00 a 12:00 horas está convidado o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres. Á segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas convidamos ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.Ademáis de dar a coñecer a vida e obra do poeta homenaxeado este ano 2022 queremos promover e dinamizar o uso da lingua galega entre os mais mozos e promover a lectura en galego para o que animamos a toda a poboación do concello a que acuda e participe nas actividades organizadas pola biblioteca e a visitar as súas nstalacións para asociarse e así poder levar todos os libros de lectura que queiran para ler na casa, na praia, no campo ou en calquera lugar que lles preste... pero sobre todo para ler.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
13-Mayo-2022 08:05
Cultura e Ocio
Día das letras galegas ✒️
Homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán 👨🏻
Día 17 de maio as 19h no salón de actos do Concello de Pazos de Borbén 📆
12-Mayo-2022 15:22
Cultura e Ocio
Andaina “festa do ovo” 🏔
O vindeiro domingo 15 de maio 📅
Prazas limitadas, non se precisa inscripción 📝
11-Mayo-2022 15:11
Cultura e Ocio
Para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebra o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.
Esta actividade terá lugar o Venres día 13 de Maio a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.
Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.
Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?
Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
06-Mayo-2022 08:05
Cultura e Ocio
O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.
Neste ano 2022 o autor homenaxeado é o poeta valdeorrés FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:
FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN nace en Córgomo, Concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903, no seo dunha familia valdeorresa abastada. Súa nai Consuelo Gurriarán Díaz proviña de ferróns vasco-navarros con dedicación á vitivinicultura e aos labores ferreiros nas bocarribeiras do Sil e do Leira desde a Idade Media. Pola póla de seu pai, seu avó Constantino Delgado Gurriarán era agrimensor e propietario de terras. O pai de FDG, tamén Florencio, que era perito agrónomo, obrigou a familia a continuos traslados, desde que «Florenciño» tiña seis anos: Ourense, Palencia e Valladolid. Nesta última cidade comeza estudos universitarios de dereito. Alá espertou cara ao «protonacionalismo» ao ler o xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. Estamos a falar do treito temporal entre 1918 e 1924. Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca familiar de Córgomo, onde tan só acudía os veráns. Estas lecturas espertaran a súa vocación poética...
Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.
Para coñecer mellor a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, autor homenaxeado este ano 2022 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades para imprimir e para facer en liña:
-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.
-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.
-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra do protagonista das Letras Galegas de 2022.
Fonte: Real Academia Galega - Seminario Galán - O Portal da Lingua Galega
EN IBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
02-Mayo-2022 08:05
Cultura e Ocio
Finalizamos as actividades cultural-educativas e de animación á lectura do mes de Abril con esta proposta de narración oral a cargo de VERO RILO que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra dentro do programa plurianual "O PASADO POR VIR" que está a desenvolver promovido polo Departamento de Memoria Histórica, e co que pretende reivindicar as ideas transformardoras que estaban vixentes antes do golpe de Estado de 1936.
A través deste programa búscase recoñecer a herdanza dunha xeración única e irrepetible a nivel empresarial, político, cultural e social; e transmitir a idea de que aínda que coa represión e coa Ditadura se arrasou cos proxectos, e mesmo se aniquilaron as persoas, as súas ideas e o seu legado seguen vivos.
Para iso, o programa desenvolverá un amplo abano de actividades tanto de investigacion como de divulgación (xornadas, audiovisuais, perfomances, exposicións, publicacións e unidades didácticas), que estarán a disposición dos concellos e das asociacións memorialistas da provincia para a súa realización en diferentes espazos xestionados polas entidades solicitantes.
Aboadaranse as ambiciosas transformación políticas, socioeconómicas e culturais que se produciron na Galiza entre 1900 e 1936, especialmente na provincia de Pontevedra, sempre tratadas con perspectiva de país, clase e xénero.
A proposta que presentamos baixo o título de "RE(A)MAR, MEMORIAS DO SALITRE" a levará a cabo a narradora oral VERO RILO o día 29 de Abril próximo a partir das 11:30 horas no Auditorio do Concello e na que se contará coa participación do alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e de todos aqueles veciños e veciñas que se inscriban previamente chamando ao teléfono 986 497 273 da Biblioteca.
"RE(A)MAR, MEMORIAS DO SALITRE" é unha proposta con historias reais de recollida que fan un percorrido pola paisaxe de xullo do 36, desde a resistencia e a represión no arsenal de Ferrol ata as lavandeiras da Illa de San Simón. Historias bañadas polo mar, para chegarmos ao máis fondo e reivindicar a memoria do común a fin de que non se esqueza. Re(a)mar busca que a memoria se siga transmitindo e fique viva, fresca, rebelde e con cheiro a salitre.
VERO RILO:
Narradora oral e educadora con titulación en integración Social e Educación Infantil, Vero Rilo leva participando nun feixe de proxectos fóra e dentro do País e do Estado, deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida: a narración e a práctia educativa.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
22-Abril-2022 08:05
Cultura e Ocio
NOTA INFORMATIVA
Estaremos o Martes día 19 atendendo.
A partir do día 20 de Abril pechamos ata novo aviso.
Pedimos desculpas polas molestias.
17-Abril-2022 13:26
Cultura e Ocio
E para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR que se celebra en todo o mundo o día 23 de abril, teremos con nós ao Escritor MIGUEL ANXO ALONSO DIZ (Fillo de Carmen da Carballeira) nacido en Madrid, residente na cidade de Vigo, e con raíces na parroquia de Moscoso (Pazos de Borbén).
O noso "veciño" traerános o seu contacontos "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" baseado no seu libro "O país da choiva" publicado por Antela Editorial.
Esta actividade terá lugar o Venres día 22 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidados para asistir á mesma o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
O nome da contada ven dun libro escrito polo autor no que as personaxes vense sometidas a unha situación estraña: "A xente da súa vila esqueceu a súa lingua. A choiva levou as palabras dos seus beizos". É un libro para que o lectorado reflexione sobre a situación da lingua galega.
Neste contacontos o narrador emprega contos e poemas escritos por él mesmo como elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva). Coa participación dos asistentes nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, trabállase tamén aspectos de educación emocional, sempre tendo en conta a igualdade e o respecto á diferencia como un elemento transversal. Trabállase vocabulario en lingua galega, o amor pola poesía, os contos e a propia lingua.
Os obxectivos desta contada son os de fomentar a creatividade na rapazada; xerar relacións baseadas no bo trato e respecto mutuo; asociar aspectos positivos, e divertidos, á lingua galega. A lingua como elemento de xogo; traballar vocabulario na lingua galega; pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; e fomentar a lectura e o uso da imaxinación.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
15-Abril-2022 08:05
Cultura e Ocio
Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" convidámosvos a celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR que se conmemorará en todo o mundo o próximo sábado 23 de Abril.
En "BIBLIOPAZOS" conmemoramos este día durante todo este mes de abril no que tamén celebramos o sábado día 2 de Abril o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, e o faremos coa vosa axuda.
Desde aquí animámosvos a que realicedes actividades culturais que teñen que ver cos libros; a que pasedes pola calquera biblioteca a reservar libros para levar e ler nas vosas casas; a que participedes nas actividades que organizamos; a que visitedes algunha librería; a que fomentedes a accesibilidade, produción e difusión das actividades sobre libros e a que acudades ás actividades que se relicen no entorno dos vosos domicilios.
O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, celébrase o 23 de abril e foi decretado pola UNESCO co obxectivo de fomentar a lectura, ademais de dar a coñecer o dereito da propiedade intelectual para o autor da súa propia obra literaria.
Antecedentes:
O Día Mundial do Libro, tivo a súa orixe o día 15 de novembro do ano 1995 como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vlamidir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejías Vallejo, entre outros.
Foi a través da UNESCO que se decretou o día 23 de abril xa que nesa data celébrase o natalicio ou morte destes ilustres personaxes da literatura. Isto logrouse grazas á colaboración da Unión Internacional de Editores e cuxo fin foi, non só fomentar a cultura e as letras no mundo, senón tamén, buscar unha maneira de protexer a propiedade do dereito de autor.
A partir desta data, búscase render unha homenaxe universal aos libros e autores, así como fomentar e descubrir o pracer da lectura, valorar toda a achega cultural e o legado dos grandes escritores tanto do pasado como do presente.
Que son os dereitos de autor?
Os dereitos de autor, refírense a un conxunto de principios e normas xurídicas que establecen os dereitos morais, patrimoniais e universais que teñen todos os autores e escritores de obras literarias, científicas, musicais, artísticas ou de carácter didáctico.
Nesta categoría tamén están os creadores de programas informáticos, os anunciantes e publicistas, os produtores da cinematografía, etc. Está considerado como un dos dereitos humanos fundamentais na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Os libros como rica fonte de sabedoría
Os libros son fonte inesgotable de sabedoría, que axudan ao ser humano para transformar o seu mundo interior e exterior. Os libros son ferramentas para a apertura cara a novos coñecementos e valiosos recursos que axudan no desenvolvemento da creatividade e das capacidades cognitivas dos nenos.
Doutra banda, unha boa lectura, pode chegar a transformarse nunha excelente terapia para a nosa saúde e é un método para forxar a imaxinación tanto dos nenos como os adultos, ademais de ser un instrumento universal para forxar valores entre os máis novos.
Un bo libro pode servir como unha chave para expandir a diversidade cultural entre os distintos pobos do mundo.
Os libros máis lidos no mundo
A través da historia, moita foi a literatura que marcou un antes e un despois en toda a historia universal dos seres humanos. Nos cinco continentes, grandes escritores da talla de Homero, Shakespeare ou Miguel de Cervantes deixaron un gran legado á humanidade, con todo, aquí faremos mención ás obras máis relevantes:
A Biblia, foi o libro máis universal e vendido en todo o mundo. A súa influencia foi incuestionable e hoxe segue sendo un dos máis importantes e influentes no planeta enteiro.A Iliada, de Homero é considerada unha das grandes obras literarias de todos os tempos, onde se mestura toda a historia cultural e social da antiga Grecia, con personaxes mitolóxicos envoltos nunha fascinante historia de amor.Obras completas, de William Shakespeare. Toda a súa obra literaria é universal. Traducida a case todos os idiomas e representadas nos mellores escenarios e teatros de todo o mundo.Don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes. Esta maxistral obra da literatura española foi traducida a moitos idiomas. Chea dunha gran xenialidade logrou cativar ao público lector de todas as idades.Harry Potter, de J. K. Rowling. Este libro foi toda unha revolución; con case 400 millóns de copias vendidas, está entre os máis buscados e aceptados por grandes e pequenos.O Diario de Ana Frank. Un dos relatos máis conmovedores e alecionadores, contado por unha nena durante o exterminio nazi. Foi traducido a moitos idiomas ao redor do mundo.Cen Anos de Soidade, de Gabriel García Márquez. É considerada unha verdadeira obra mestra da literatura hispanoamericana e universal.Como celebrar o Día Mundial do Libro?
Para celebrar o Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor, este 23 de abril, realizaranse, nos distintos países do mundo, unha serie de actividades que atraerán a atención de persoas dedicadas ao mundo das artes e as letras, así como fanáticos da lectura.
Se queres formar parte deste importante evento, convidámosche a fomentar de maneira individual ou colectiva a cultura e o hábito da lectura.
Tamén podes regalar un libro a un ser querido ou simplemente utiliza as distintas redes sociais para que compartas a túa opinión ou experiencia sobre este interesante tema a través do hashtag #DíaMundialdoLibro.
CAPITAL MUNDIAL DO LIBRO
Guadalajara (México) nomeada Capital Mundial do Libro para 2022
A cidade de Guadalajara (México) foi nomeada Capital Mundial do Libro para o ano 2022 pola Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, por recomendación do Comité Consultivo da Capital Mundial do Libro.
A cidade, que xa é unha Cidade Creativa da UNESCO desde 2017, foi seleccionada polo plan integral de políticas en torno ao libro como concepto para desencadear o cambio social, combater a violencia e construír unha cultura de paz para os seus cidadáns.
O programa proposto por Guadalajara céntrase en tres eixos estratéxicos: a recuperación dos espazos públicos mediante actividades de lectura en parques e outros espazos accesibles; a vinculación e cohesión social, especialmente a través de talleres de lectura e escritura para nenos; e o fortalecemento da identidade de barrio mediante as conexións interxeracionais, a narración de contos e a poesía rueira.
Como Ciudad Creativa das Artes Dixitais, Guadalajara xa apoiou aos seus talentos locais e ás súas industrias creativas mediante iniciativas que poñen ás artes dixitais no corazón dos seus programas, incluída o seu mundialmente famosa Feira Internacional do Libro. Agora, a cidade utilizará os seus bens culturais, como bibliotecas, salas de lectura, librerías e editoriais independentes para mellorar as súas políticas de prevención da violencia. Estes recursos aproveitaranse para poñer os dereitos humanos, a igualdade de xénero e a cultura de paz ao alcance dos cidadáns. Desta maneira, a cidade ve o libro como unha compoñente clave para a transformación social.
As actividades incluirán eventos literarios en colaboración con escritores latinoamericanos, un proxecto artístico sobre a “Torre de Babel”, e outros eventos que vincularán o teatro e a música coa literatura e o uso da radio local para lecturas de poesía.
O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2022, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.
As cidades designadas pola UNESCO como Capital Mundial do Libro comprométense a promover o libro e a lectura organizando actividades ao longo de todo un ano. Guadalajara é a vixésimo segunda cidade en ostentar neste título desde 2001 e segue a Tiflis (2021) e Kuala Lumpur (2020). Outras capitais mundiais do libro no pasado foron Madrid (2001), Alexandría (2002), Nova Deli (2003), Anveres (2004), Montreal (2005), Turín (2006), Bogotá (2007), Ámsterdam (2008), Beirut (2009), Liubliana (2010), Buenos Aires (2011), Ereván (2012), Bangkok (2013), Port Harcourt (2014), Incheon (2015), Breslavia (2016), Conakry (2017), Atenas (2018) e Sharjah, (2019). A candidatura da cidade de Guadalaxara foi seleccionada por un Comité Asesor que inclúe a representantes da Asociación Internacional de Editores ( AIE), a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas ( IFLA), o Foro Internacional de Autores ( IAF) e a UNESCO.
A candidatura da cidade de Guadalajara foi aceptada por un Comité Asesor integrado por representantes da Asociación Internacional de Editores ( IPA), a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios ( IFLA), o Foro Internacional de Autores ( IAF) e a UNESCO.
Fonte: https://www.diadellibro.eu/dia-del-libro-2022; UNESCO World Book Capital e diainternacionalde.com
11-Abril-2022 08:05
Cultura e Ocio
Onte día 2 de abril celebrouse en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se ven conmemorando desde que o IBBY (International Board on Books for Young People) o promoveu por primeira vez en 1967 coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
E outro ano máis a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos súmase aos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil cunha actividade de narración oral que terá lugar o próximo Venres día 8 de Abril a partir ás 11:00 horas, á que asistirá o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira e os usuarios da Asociación ASPAVI.
A actividade "TANTO CONTA, CONTA TANTO" a levará a cabo a narradora ANA FACCHINI en dúas sesións:
A 1ª sesión de 11:00 a 12:00 horas contará coa presenza do alumnado e mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
A 2ª sesión de 13:00 a 14:00 horas contará coa participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
Neste espectáculo haberá heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas. Tanto conta, conta tanto... dende a igualdade, que valiosas son as diferenzas!
A través de historias inclusivas, cancións e poemas rompemos cos estereotipos e roles de xénero, propoñendo novos modelos e referentes, que amosan relacións de igual a igual, libres de discriminacións e calquera tipo de violencia.
Tanto conta, conta tanto son historias de personaxes "diferentes" que reclaman a súa identidade e que loitan polo dereito a ser como queren ser e a quererse tal como son.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
03-Abril-2022 08:05
Cultura e Ocio
Outro ano máis desde Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos sumámonos aos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se conmemora en todo o mundo o día 2 de abril de cada ano desde que o IBBY (International Board on Books for Young People) promoveu por primeira vez en 1967 ese día coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Animádevos a conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e XUVENIL participando en calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras institucións do país e, sobre todo, animando aos mais novos a que lean polo menos 20 minutos ao día.
Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos conmemoraremos outro ano máis o Día Internacional do Libro Infantil cun contacontos pola igualdade que baixo o título de “TANTO CONTA, CONTA TANTO” levará a cabo a narradora ANA FACCHINI o próximo Venres día 8 de Abril a partir ás 11:00 horas, no Auditorio do Concello.
Participará nesta actividade o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira, e os usuarios da Asociación ASPAVI e a realizaremos en dúas sesións; unha de 11:00 a 12:00 horas na que están convidados o alumnado e mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e a segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas contará coa participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
TANTO CONTA, CONTA TANTO son historias de personaxes "diferentes" que reclaman a súa identidade e que loitan polo dereito a ser como queren ser e a quererse tal como son.
E para celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR que se conmemora en todo o mundo o día 23 de abril, teremos con nós ao escritor MIGUEL ANXO ALONSO DIZ (fillo de Carmen da Carballeira) nacido en Madrid, residente na cidade de Vigo, e con raíces na parroquia de Moscoso (Pazos de Borbén).
O noso “veciño” traerános o seu vontacontos "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" baseado no seu libro "O país da choiva" publicado por Antela Editorial.
Será o Venres día 22 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidado para asistir o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
"A xente da vila esqueceu a súa lingua. A choiva levou as palabras dos seus beizos."Neste contacontos empregaranse contos e poemas escritos polo autor como elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva); co obxectivo de fomentar a creatividade na rapazada; xerar relacións baseadas no bo trato e respecto mutuo; asociar aspectos positivos, e divertidos, á lingua galega. A lingua como elemento de xogo; traballar vocabulario na lingua galega; pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; e fomentar a lectura e o uso da imaxinación.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
02-Abril-2022 16:10
Cultura e Ocio