Recordámosvos que hoxe temos un acto para celebrar o día das letras galegas. Serà as 19 horas no salòn de actos do Concello.
Recordámosvos que hoxe temos un acto para celebrar o día das letras galegas. Serà as 19 horas no salòn de actos do Concello.
17-Mayo-2018 16:24
Deportes
Xa está aquí o músico PAKOLAS, Paco Cerdeira co seu espectáculo musical de dinamización lingüística "ENREDANDO CON PAKOLAS". Esta tarde do Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas. Para todos os cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. "Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender" cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas. Un espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR, a ritmo moi rockeiro e guitarreiro para compartir cos mais peques e coa familia. Estades todos CONVIDADOS. ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO. ESPERÁMOSVOS!!! VIR A ROCKANDROLLEAR AO AUDITORIO!!!
12-Mayo-2018 12:00
Cultura e Ocio
Hai un erro na programaciòn deportiva subida con anterioridade , pois os cadetes da UD Nespereira si teńen partido. Aquí vos deixamos a informaciòn.
11-Mayo-2018 21:21
Deportes
Deixámosvos o cartel da próxima celebración do Día das Letras Galegas.
11-Mayo-2018 14:29
Cultura e Ocio
Deixámosvos os resultados provisionais do proceso selectivo para auxiliar administrativo do 4 de maio. http://www.pazosdeborben.org/pdb/index.php/es/emprego
11-Mayo-2018 13:35
Emprego
Programación deportiva do fin de semana.
11-Mayo-2018 13:27
Deportes
Mañán, sábado 12 de maio ás 18:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén. ENREDANDO CON PAKOLAS con Paco Pakolas Cerdeira. Non vos esquezades. Estades todos/as convidados/as. Entrada de balde ata completar aforo. Actividade patrocinada pola Rede De Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia
11-Mayo-2018 13:25
Cultura e Ocio
Aquí tendes o cartel da XIV Festa do Ovo que organiza a Asociaciòn de vecińos de Nespereira.
08-Mayo-2018 23:05
Festexos
Nos vindeiros meses levaranse a cabo as novas contratacións mediante o Plan Concellos 2018.
08-Mayo-2018 11:06
Emprego
A actividade de Dinamización Lingüística "ENREDANDO CON PAKOLAS" chega nuns días a Pazos de Borbén da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira e patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. "Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender" cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas. Un espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro e guitarreiro para compartir cos mais peques e coa familia. Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas teremos con nos a PAKOLAS co seu espectáculo "ENREDANDO CON PAKOLAS". Estades todos CONVIDADOS a participar nesta actividade. ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO. ESPERÁMOSVOS!!! NON FALTEDES! VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!!
05-Mayo-2018 08:00
Cultura e Ocio
Obxecto: Creación de superficies forestais en terras non agrícolas. Liñas de axudas: - Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I da orde (coníferas) - Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo II da orde (frondosas) Beneficiarios: - Persoas físicas e xurídicas que sexan titulares de terreos obxecto da axuda. - Sociedades de fomento forestas (sofor), propietarios particulares de forma individual, asociacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertas, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de montes veciñais en man común, cumpran as condicións da orde.
04-Mayo-2018 14:27
Noticias
Este sábado pasará polas estradas do noso Concello o XII Rally de Coches Clásicos "Cidade de Vigo". Tendes máis informaciòn sobre os horarios na páxina de Facebook "Escudería Vigo Clásicos"
04-Mayo-2018 13:36
Deportes
Partidos de fútbol da fin de semana do Nespereira e o Pazos.
04-Mayo-2018 13:11
Deportes
Mańá Luns ás 12 horas celebrarase o Pleno Ordinario correspondente ao mes de abril. Será no Salòn de Actos do Concello de Pazos de Borbén.
29-Abril-2018 21:34
Info Xeral
Dende o Concello queremos felicitar ao equipo infantil da SD Pazos FS , acaban de proclamarse campiòns de liga . O equipo está composto por Lois , Cristian , Ana , Andrés , Mario , Álex , Rodri , Javi , Adri , Xoel , Elías e Bryan, xunto cos seus adestradores Antonio e Anselmo que están facendo un traballo de 10. Noraboa Rapaces!!!!!!
29-Abril-2018 16:49
Deportes
Aquí vos deixamos os partidos dos clubes do concello para esta fin de semana.
27-Abril-2018 13:11
Deportes
Xa está aberto o prazo para a inscripción nos campamentos da Xunta de Galicia!!
25-Abril-2018 14:53
Cultura e Ocio
Xa está aberto a inscripción do curso de Elaboración artesanal e conservas. Prazas limitadas a 15, duración 8 horas, de balde.
20-Abril-2018 14:28
Cultura e Ocio
Aquí vos deixamos un cadro cos partidos dos equipos do Concello para esta fin de semana.
20-Abril-2018 13:16
Deportes
FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística trae a Pazos de Borbén unha nova actividade de dinamización lingüística da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira. Unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Pakolas, Paco Cerdeira presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante. Este primeiro traballo de Paco Cerdeira foi lanzado en Decembro de 2017 no libro-disco "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, foi editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustracións de Laura Romero. "Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender". Chega con este novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas. "Baldomero o Mero" da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario. "Xabarín con Bombín", que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser... Todos estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro e guitarreiro. Un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Así que xa sabedes, o... Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas teremos con nos a PAKOLAS co seu espectáculo "ENREDANDO CON PAKOLAS". Dende a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén CONVIDÁMOSVOS a participar nesta actividade. ESPERÁMOSVOS!!! NON FALTEDES! VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!! ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
19-Abril-2018 19:07
Cultura e Ocio
Co obxetivo de impulsar a actividade empresarial no noso Concello, mantívose unha reunion coa Asociación de Empresarios de Redondela para atopar fórmulas de apoio que poidan axudar as empresa, co fin de dar un primeiro paso, dita asociación convidou a tódalas empresas do noso Concello a próxima Xornada Informativa de Axudas e Servizos de Pemes Galegas.
19-Abril-2018 14:25
Info Xeral
A aplicación "Pazos de Borbén Informa" ofrece a posibilidade de ver os seus menús en galego , para isto debedes acceder a App Store ou Google Play e actualizar a aplicaciòn á última versión. Despois disto bastará con seleccionar o idioma galego no panel de control esquerdo dentro da aplicación. Se descargas a aplicaciòn por primeira vez xa estará actualizada á última versión, polo que se o desexas só tendrás que seleccionar o idioma galego no Panel de control. Mantendrémosvos informados de futuras melloras.
19-Abril-2018 11:02
Info Xeral
O Concello de Pazos de Borbén vai a celebrar a I Gala do Deporte para recoñecer a labor que desempeñan os directivos/as, adestradores/as, deportistas e patrocinadores co deporte local, aquí temos o cartel. Iremos desvelando mais SORPRESAS!!
18-Abril-2018 14:52
Deportes
#Formación A Deputación Pontevedra abre o prazo de presentación de solicitudes para o #PlanPrácticaLaboral na Deputación e nos concellos da #PontevedraProvincia! Un total de 200 bolsas de seis meses prorrogables por outros seis e, como principal novidade, este ano aumentan as contías: 840 € ao mes para persoas con titulacións universitarias e 740 € para persoas con titulacións de ciclos superiores de formación profesional. ⏰ Tes ata o 7 de maio Vaite informando de todo na nosa web: https://www.depo.gal/plan-de-practica-laboral-concellos-e-deputacion-2018
18-Abril-2018 03:36
Emprego
A pasada semana tivemos o primeiro encontro coa Asociación de Empresarios de Redondela para dinamizar o tecido industrial do noso concello. Se es autónomo ou peme, pronto recibirás máis novas e unha invitación para a próxima xornada informativa de axudas e servizos que se celebrará o día 24 en Redondela.
16-Abril-2018 22:17
Noticias