Pazos de Borbén Informa
A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos volta de novo coas actividades de animación á lectura para esta temporada de outono-inverno.

Empezaremos este mes de setembro coas actividades que indicaremos de seguido e que están incluídas no programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia LER CONTA MOITO para a Rede de Bibliotecas de Galicia.

Este próximo Venres día 21 de setembro, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, recibiremos unha nova visita de Paco Nogueiras Nodar co seu novo espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Radio BULEBULE", baseado no seu libro-disco editado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.

Teñen previsto participar nesta actividade os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira e os usuarios da Asociación Aspavi.

E o Venres 28 de setembro visitará BiblioPazos a contacontos Fatima Fernandez que nos ofrecerá na Sala de Lectura:

Ás 11:00 horas o seu espectáculo de narración oral "Contos Pop-Up" dirixido aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación Aspavi.

Ás 13:00 horas ofreceranos outro espectáculo de narración oral titulado "Os contos da nai da miña nai", este vez para os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esperámosvos en BiblioPazos!!!