Pazos de Borbén Informa

O próximo venres 2 de Novembro de 2018 estará con nos Isi, cos seus espectáculos:

Ás 13:30 horas estará cos rapaces da ESO do CPI Curros Enríquez de Pazos coa seu espectáculo "Hai que ler máis".

"A través do humor e a reflexión explicará aos rapaces e rapazas a importancia da lectura, intentando fomentar así a súa afección e o amor polos libros".

Ás 20:00 horas volverá estar, desta vez co público xuvenil e adulto que o desexe para asistir ao seu show "Contos e anécdotas"

"Humor branco, onde Isi conta varias anécdotas persoais do seu día a día, sobre amigos e familia, así como tamén das súas tres nais tan coñecidas e simpáticas. Todas estas historias veñen cun ritmo frenético onde o espectador só terá uns poucos segundos para respirar entre tanta risa, saíndo así da actuación, cheo de satisfacción e alegría.
Todo isto coa característica retranca galega e realzando a súa amada Galicia."

ISI TVG

https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/3-ciclo-de-tradicion-oral-con-isi.html?spref=fb&m=1