Pazos de Borbén Informa
Queremos dar a noraboa a nosa biblioteca , en especial a Jose Manuel Soto Virulegio e María Teresa Cendòn Barral ,polo seu gran traballo.

Deixàmosvos aquí a nota emitida dende a biblioteca.

Hoxe estamos contentísimos e moi emocionados na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos xa que por segundo ano consecutivo voltamos a ser unha das bibliotecas seleccionadas pola Comisión de Valoración da XIX Campaña de Animación á Lectura María Moliner como beneficiaria dun dos premios de animación á lectura que concede anualmente o Ministerio de Cultura e Deporte.

A Campaña de Animación á lectura "María Moliner" que se celebra a nivel nacional está convocada polo Ministerio de Cultura, a Fundación Coca Cola e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O proxecto presentado esta ano pola biblioteca foi o de “Mulleres, ciencia, patrimonio e tradición” e comprende todas actividades realizadas ata o momento e as que se realizarán ata fin de ano.

Os seleccionados recibiremos un premio en metálico de 1.706 euros, financiado por Ministerio de Cultura e Deporte, que será destinado á compra de libros para a biblioteca.

Grazas a todas aquelas persoas e institucións que fixeron posible co seu apoio e colaboración que recibamos este premio por segundo ano.

Uxía Porritt Lueiro
Lorena Martínez Rodríguez
Isabel Fragueiro
Tere CB

e moitísimas máis que agora neste momento estou esquecendo.

Concello de Pazos de Borbén
CPI "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén
Asociación Aspavi
Deputación Pontevedra
Fundación Filomena Rivero Alonso
Xunta de Galicia
ABANCA.

Mil grazas a todos e todas.