Pazos de Borbén Informa
Seguimos coas actividades na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos.

A próxima é o OBRADOIRO DE RELATO CURTO que impartirá a escritora Eli Rios aos alumnos e alumnas de educación secundaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos os príximos días 5 e 6 de novembro (Luns e Martes).

A literatura é algo sacro? Quen pode escribir? O relato curto é para min?

O obradoiro tratará de que lle podamos dar resposta a estas preguntas tentando establecer unha relación coas redes sociais e os medios visuais para así facer unha primeira achega a técnica usada no relato breve.

https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/obradoiro-de-relato-curto-con-eli-rios.html?spref=fb&m=1