Pazos de Borbén Informa
Mañá martes 13 de marzo no auditorio do Concello de Pazos de Borbén, actuación a cargo da narradora

Tâmara Bezerra (Brasil)

que vai agasallar aos escolares co espectáculo

‘Toda mulher tem a cabeça cheia de historias’

Unha función que inclúe tanto contos da tradición como contos de autor. En todos os enredos está presente a figura forte dunha narradora de historias e, ademais, os contos posúen a estrutura dunha matriz tradicional herdada da oralidade.

13-14 h | Auditorio do Concello [Pazos, 52]
Espectáculo para escolares (3º - 6º primaria) e usuarios da asociación ASPAVI | Infantil | Brasileiro

Festival Atlántica 2018