Pazos de Borbén Informa
Convocamos a todos aqueles veciños e veciñas aos que lles interese a nosa historia a comparecer no Auditorio do Concello o próximo Xoves 8 de novembro ás 13:00 horas.

Ese día Iniciamos o Ciclo "Encontro con autores" con Rafa Quintía que nos ofrecerá a conferencia titulada "VIAXE POLA HISTORIA DE GALICIA A TRAVÉS DO PATRIMONIO DE PAZOS DE BORBÉN", nun encontro que se celebrará o día 8 de novembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, baseada nos seus estudos e investigacións plasmadas nas súas obras literarias.

Rafael Quintía, investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía, conta con numerosas obras que fan referencia á Historia de Galicia e ao seu patrimonio, tomará neste "encontro" como fío conductor o patrimonio (material e inmaterial) do Concello de Pazos de Borbén.

Dende o neolítico ata a Idade Media, ou igual algo máis. Falaranos do megalitismo e os túmulos, da idade do bronce e dos petróglifos, falaranos da idade do ferro e dos castros, da cristianización de "Gallaecia" e do papel dos santos e das parroquias, e tocaremos na idade media á familia de "Gómez de Pazos de Probén".

Tamén irá contando cousas relacionadas co patrimonio vencellado a todos estes xacementos do pasado.



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/061118063333_IMG_4161.jpg