Pazos de Borbén Informa
Hoxe o Alcalde inaugurou a Exposición "A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA" cedida pola Urco Editora e que estará a disposición dos que queiran visitala no vestíbulo da Casa do Concello de Pazos de Borbén ata o día 21 de decembro.

O día 19 de decembro haberá no Auditorio do Concello unha charla-coloquio sobre o tema da exposición dirixida aos alumnos de ESO e que será impartida por David Cortizo Conde editor de Urco Editora.

Grazas a Urco Editora pola cesión de este interesantísimo material e e por todas as facilidades para que a puideramos traer a Pazos de Borbén.

Agora so desexamos que os visitantes e escolares do municipio se acerquen a visitala.

A nosa recomendación é que é moi interesante para todos aqueles lectores de CIENCIA FICCIÓN e todos aqueles alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria e para os de Educación Secundaria.

Animádevos e pasar polo vestíbulo da casa do concello.



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/261118122344_IMG_4674.jpg