Pazos de Borbén Informa
O xoves, 13 de decembro de 2018 ás 13:00 horas no Auditorio do Concello

BIBLIOCANTA EN BIBLIOPAZOS!

Bibliocanta é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ó cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e gozan das cancións propostas. Permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.

Están convidados todos os alumnos de Educación Infantil e de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

Grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso pola organización desta actividade na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos.

https://bibliopazos.blogspot.com/2018/12/bibliocanta-en-bibliopazos.html?spref=fb&m=1