Pazos de Borbén Informa
Continuando coa programación educativo-cultural de animación á lectura que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra temos preparado para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER a actividade "RAPAZAS DE CONTO" que levará a cabo a actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA e terá lugar na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS mañá luns 11 de Marzo en dúas sesións.

Haberá unha primeira sesión ás 11:00 para os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os usuarios da Asociación ASPAVI; e outra segunda ás 13:00 horas na que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

"RAPAZAS DE CONTO" é un espectáculo de narración oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal consitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero; e todo iso mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras.

Atoparémonos con rapazas que capitanean perigosos barcos piratas..., rapazas que pilotan naves espaciais..., nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.

Convidámosvos a participar nas actividades de BIBLIOPAZOS.

Inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/100319134438_2019-03-11_RAPAZAS_DE_CONTO.jpg