Pazos de Borbén Informa
O programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en colaboración coa AECC, inicia a sua campaña no Concello de Pazos de Borbén o día 12 de agosto de 2019.
Consiste na realización gratuita de mamografías a todas as mulleres de 50 a 69 anos deste Concello.
As mamografías faranse na unidade fixa de exploración , ubicada na Casa do Mar , en Beiramar 51-2º en Vigo.
Mediante unha carta comunicaraselle o dia , hora e lugar que teñen que acudir .
Todas as mulleres que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen a carta poden chamar ao telefono 981141414, onde se lles dará unha cita.


https://www.sergas.es/Saude-publica/Programa-de-detecci%C3%B3n-precoz-do-cancro-de-mama?idioma=es