Pazos de Borbén Informa
O luns 7 de outubro terá lugar na Sala de Lectura o OBRADOIRO "POR QUÉ ESCRIBIR UN RELATO CURTO?" que impartirá a escritora lucense Rocio Lopez Nuñez en tres sesións e no que participarán os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

O obxectivo deste obradoiro é ofrecer ferramentas aos participantes para que sexan capaces de construír un relato curto con temática libre; fomentar a creatividade, o uso da imaxinación e o emprego da motivación; xerar múltiples ideas aplicando un esbozo sobre as técnicas narrativas para a creación do argumento, personaxes, escenas, diálogos e descripcións. Cada alumno leva unha historia dentro, real ou ficticia, que merece ser contada...

https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-por-que-escribir-un-relato.html?spref=fb&m=1




Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/041019160740_86C660A2-7687-44EB-9BD0-676BDB7BE3F5.jpeg