Pazos de Borbén Informa
Seguimos o Luns 14 de outubro con outra das actividades enmarcadas na programación de LER CONTA MOITO.

Nesta ocasión teremos con nós no Auditorio do Concello ás 13:00 horas a Vicente Mohedano do Colectivo m=!!! - Peripeciencia co seu espectáculo de divulgación científica “BE WATER”.

Be Water é un dos minishows Xperimenta. Un obradoiro de divulgación con alta dose de show didáctico e plena participación do público. Un obradoiro espectacular con apoio audiovisual e experiencias in situ.

Be Water. Hidrólise, vasos comunicantes, osmose inversa, células de combustible... todo combinado con dramatizacións coa participación do público para recrear con humor os conceptos máis arriscados...

https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-de-divulgacion-cientifica-be.html?spref=fb&m=1



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/111019122125_D0F78C5C-79D5-41EE-8C00-2AEEB342FED4.jpeg