Pazos de Borbén Informa
Mañá mércores 16 de outubro contaremos coa presencia en Pazos de Borbén da escritora María Canosa Blanco que estará cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos para falar da súa obra "O libro dos medos".

Estamos esperando a María Canosa - escritora con moita ilusión para que nos fale das súas vivencias, da súa obra e nos vaia desmontando eses medos que ameazan o soño da infancia con intelixencia e rimas fáciles capaces de converter o pesadelo infantil máis terrorífico nun feliz soño.

Mañá pola tarde contaremosvos como foi o día.

Esta actividade forma parte do programa de Encontros con Autores pertencente ao proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra.

https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/encontro-con-autores-maria-canosa.html?spref=fb&m=1



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/151019151856_D8F5CBF8-C229-498A-9F88-651922B0B85E.jpeg