Pazos de Borbén Informa
O luns 21 de outubro teremos en Pazos de Borbén unha nova sesión do programa de “Encontros con autores” que traerá á Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos ao escritor, mestre de educación infantil e contacontos IAGO LOPEZ SANTOS que nos virá a ofrecer o seu contacontos infantil “O COCIÑEIRO MARTIÑO” baseado nesta obra da súa autoría, e unha conversa co alumnado onde se lles explicará cómo se crea dun álbum ilustrado.

Na actividade participarán os alumnos de 1º e 2º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e terá lugar o Luns 21 de outubro ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos.

Xa vos contaremos como foi o evento.

https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/encontro-con-autores-iago-lopez-santos.html?spref=fb&m=1



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/181019112858_D5585BA1-83C8-4069-A7F2-A8552F6997C3.jpeg