Pazos de Borbén Informa
Mañá martes 13 de marzo no auditorio do Concello de Pazos de Borbén, actuación a cargo da narradora Tâmara Bezerra (Brasil) que vai agasallar aos escolares co espectáculo ‘Toda mulher tem a cabeça cheia de historias’ Unha función que inclúe tanto contos da tradición como contos de autor. En todos os enredos está presente a figura forte dunha narradora de historias e, ademais, os contos posúen a estrutura dunha matriz tradicional herdada da oralidade. 13-14 h | Auditorio do Concello [Pazos, 52] Espectáculo para escolares (3º - 6º primaria) e usuarios da asociación ASPAVI | Infantil | Brasileiro Festival Atlántica 2018
Cultura e Ocio 13-Marzo-2018 00:02