Pazos de Borbén Informa
Segunda e última actividade prevista da participación do Concello de Pazos de Borbén no Festival Atlántica 2018 que terá lugar este venres no Auditorio do Concello. Teremos connosco ao narrador portugués VÍTOR FERNANDES co seu espectáculo "Contos de Trás-Os-Montes" na que será unha oportunidade para achegarse ata as historias dunha rexión veciña e ao mesmo tempo, descoñecida. Haberá contos politicamente incorrectos, dos que se contan nas casas dos pobres que gozan facendo brincadeiras cos ricos, cos curas, co que sexa. Serán contos sen tempo e fóra do tempo, contos na atemporalidade da vida narrada nun recuncho do mundo que está Trás-Os-Montes. Non tes esquezas, de 13:00 a 14:00 no Auditorio do Concello [Pazos, 52], entrada de balde ata completar aforo. Un espectáculo para escolares ao que están convidados os alumnos de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da asociación ASPAVI. VÍTOR FERNANDES é nado na vila de Alfândega da Fé na rexión de Trás-Os-Montes. Este licenciado en Historia adentrouse no mundo dos contos grazas é Escola de Narraçao Oral Itinerante de Clara Haddad e desde aquela seguiu a se formar con mestres de todo o omundo. O seu repertorio está cheo de contos de amor, humor, vivacidade, astucia e emoción da tradición oral portuguesa. É un dos integrantes do grupo Contos na Eira, un proxecto que pretende avivar os momentos de convivencia dos tempos de outrora a través da transmisión oral de contos populares portugueses, lendas e cancións tradicionais. Se desexas máis información sobre Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, o seu programa e os artistas convidados podes consultala na web http://festivalatlantica.com. Esperámosvos en Pazos de Borbén no FESTIVAL ATLÁNTICA 2018

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 15-Marzo-2018 16:44