Pazos de Borbén Informa
FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística trae a Pazos de Borbén unha nova actividade de dinamización lingüística da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira. Unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Pakolas, Paco Cerdeira presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante. Este primeiro traballo de Paco Cerdeira foi lanzado en Decembro de 2017 no libro-disco "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, foi editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustracións de Laura Romero. "Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender". Chega con este novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas. "Baldomero o Mero" da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario. "Xabarín con Bombín", que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser... Todos estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro e guitarreiro. Un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Así que xa sabedes, o... Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas teremos con nos a PAKOLAS co seu espectáculo "ENREDANDO CON PAKOLAS". Dende a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén CONVIDÁMOSVOS a participar nesta actividade. ESPERÁMOSVOS!!! NON FALTEDES! VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!! ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 19-Abril-2018 19:07