Pazos de Borbén Informa
A actividade de Dinamización Lingüística "ENREDANDO CON PAKOLAS" chega nuns días a Pazos de Borbén da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira e patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. "Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender" cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas. Un espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro e guitarreiro para compartir cos mais peques e coa familia. Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas teremos con nos a PAKOLAS co seu espectáculo "ENREDANDO CON PAKOLAS". Estades todos CONVIDADOS a participar nesta actividade. ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO. ESPERÁMOSVOS!!! NON FALTEDES! VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!!

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 05-Mayo-2018 08:00