Pazos de Borbén Informa
Xa está aquí o músico PAKOLAS, Paco Cerdeira co seu espectáculo musical de dinamización lingüística "ENREDANDO CON PAKOLAS". Esta tarde do Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas. Para todos os cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. "Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender" cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas. Un espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR, a ritmo moi rockeiro e guitarreiro para compartir cos mais peques e coa familia. Estades todos CONVIDADOS. ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO. ESPERÁMOSVOS!!! VIR A ROCKANDROLLEAR AO AUDITORIO!!!

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 12-Mayo-2018 12:00