Pazos de Borbén Informa
O Concello de Pazos de Borbén a través de BIBLIOPAZOS, Biblioteca Pública Municipal dependente da Concellería de Cultura organiza a I Semana da Ciencia en Galego de Pazos de Borbén que se celebrará do 24 ó 26 de Outubro de 2018. As actividades están patrocinadas polo Concello de Pazos de Borbén, a Deputación de Pontevedra, o Programa ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e Abanca. As actividades serán realizadas polo equipo de CIENCIA EN MOVEMENTO, unha iniciativa dun grupo de científicos interesados en promover a cultura científica e achegar a ciencia aos estudantes de forma atractiva, interactiva e práctica... https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/i-semana-da-ciencia-en-galego-de-pazos.html?spref=fb&m=1
Cultura e Ocio 11-Octubre-2018 12:31