Pazos de Borbén Informa
A Biblioteca Pública Municipal (BiblioPazos) do Concello de Pazos de Borbén inaugura o próximo día 26 de novembro a exposición "A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA", unha nova actividade de dinamización e de promoción do libro e a lectura cedida temporalmente pola editorial Urco Editora que leva itinerando por centros de ensino, bibliotecas e librarias desde fai uns poucos anos. A exposición estará ubicada no vestíbulo da Casa do Concello e se poderá visitar ata o día 21 de decembro. Abrangue desde o nacemento da literatura fantástica da man do mito e o fenómeno relixioso até o desenvolvemento da mesma na nosa lingua, pasando pola novela gótica, o "pulp", a fantasía épica "tolkiana", os distintos subxéneros que se desenvolveron no século XX e moito máis, para ofrecer unha panorámica xeral deste xénero tan demandado por lectoras e lectores de todas as idades...
Cultura e Ocio 21-Noviembre-2018 10:32