Pazos de Borbén Informa
Pechamos o 3º Ciclo de Tradición Oral, este venres día 30 de Novembro con Cándido Pazó. Ás 13:30 horas os alumnos da ESO co CPI "Curros Enríquez de Pazos" e demais público que queira asistir deleitaranse coas súas historias de "Así mo contaron". "Esas verdades que parecen mentira. Esas mentiras que parecen verdade. Humor. Emoción. Memoria. PALABRA." Ás 20:00 horas veremos novamente a Cándido co espectáculo "Que comerá o rei?". "Unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil, o trazo delicado e potente do xenial artista".
Cultura e Ocio 28-Noviembre-2018 13:05