Pazos de Borbén Informa
Outro ano máis e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e a Asociación de Literatura Infantil y Juvennil Galtzagorri elkartea, co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte, convocan o concurso: "SELFIE LIX 2019" PARA PARTICIPAR: Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca: -Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil. -Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida. -Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar; así como tamén o nome do/a profesor/a ou biblitoecario/a, e o nome, o enderezo, e o teléfono do centro cun correo electrónico de contacto; e tamén a autorización do/a pai/nai ou titor para a reprodución da/das fotografías nas redes sociais. PRAZO DE ENTREGA DOS TRABALLOS: Na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén ata o día 5 de abril ás 14:00 horas. Mais información no blog e redes sociais da Biblioteca ou chamando ao teléfono 986 497 273.

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 11-Marzo-2019 11:00