Pazos de Borbén Informa
E finalizamos a programación de actividades educativo-culturais de animación á lectura do mes de marzo o próximo venres día 15 de marzo no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo "CONTOS DE LILITH" a cargo da contadora galega CRIS DE CALDAS. Este espectáculo tamén forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA. que se celebra do 12 ao 23 de marzo en toda Galicia e no que participan, ademais do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago e Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. "Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade." Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra. Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS. Mas información no blog e redes sociais da Biblioteca ou chamando ao teléfono 986 497 273.

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 13-Marzo-2019 14:30