Pazos de Borbén Informa
Próximas actividades de animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos. Mércores 18-Setembro-2019 ás 13:00 horas na Sala de Lectura teremos a ANXO MOURE Contos Solidarios co seu espectáculo "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar as árbores)". Unha actividade para aprender a respectar e a coidar a natureza e en defensa do futuro. Venres 20-Setembro-2019 ás 13:00 horas na Aula de Informática "OS CAZATESOUROS DA REDE" cos monitores de Eduvía Xestión, Cultura e Lecer, S.L.. Vive a aventura dixital na busca do tesouro. Mércores 25-Setembro-2019 ás 13:00 horas na Sala de Lectura estará con nós Manuel Solla de Expresión Produccións co seu espectáculo "IGUAIS, DIFERENTES" para promover a igualdade entre homes e mulleres e loitar contra a violencia de xénero a través dos contos, da maxia e da participación. Venres 27-Setembro-2019 ás 13:00 horas no Auditorio do Concello contaremos con Andrea Vázquez de OS Piñeiriños co seu espectáculo musical "GALEGAS NO MUNDO" a través do que faremos visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia para poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura galega. Estades todos convidados. Entrada de balde ata completar o aforo do local. Obrigatoria a inscrición previa chamando ao teléfono da biblioteca nº 986 497 273. VINDE A BIBLIOPAZOS E PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!!!

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 10-Septiembre-2019 15:14