Pazos de Borbén Informa
Seguimos o Luns 14 de outubro con outra das actividades enmarcadas na programación de LER CONTA MOITO. Nesta ocasión teremos con nós no Auditorio do Concello ás 13:00 horas a Vicente Mohedano do Colectivo m=!!! - Peripeciencia co seu espectáculo de divulgación científica “BE WATER”. Be Water é un dos minishows Xperimenta. Un obradoiro de divulgación con alta dose de show didáctico e plena participación do público. Un obradoiro espectacular con apoio audiovisual e experiencias in situ. Be Water. Hidrólise, vasos comunicantes, osmose inversa, células de combustible... todo combinado con dramatizacións coa participación do público para recrear con humor os conceptos máis arriscados... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-de-divulgacion-cientifica-be.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 11-Octubre-2019 12:22