Pazos de Borbén Informa
Finalizamos as actividades de animación á lectura do mes de OUTUBRO coa actuación mañá martes día 29 na Sala de Lectura de O Mago Paco de A Illa dos Nenos co seu espectáculo de divulgación científica "MATEMAXIA” no que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria e os de 1º e 2º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Para o vindeiro mes de NOVEMBRO traemos 9 novas actividades cun total de 16 sesións consistentes en Obradoiros de Ciencia; Obradoiros de Contacontos; o 4º Ciclo de Tradición Oral coa actuación de 4 mulleres contacontos do mellorciño do panorama galego; Maxia; e un encontro con autores. Tedes mais información neste enlace: https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/programacion-actividades-de-animacion.html

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 28-Octubre-2019 16:11