Pazos de Borbén Informa
Mañá venres día 8 de Novembro comenza o 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" DE PAZOS DE BORBÉN con dúas actuacións de Raquel Queizás. Ás 13:00 horas estará cos rapaces de 3º e 4º da ESO e con varios usuarios da Asociación ASPAVI co seu espectáculo "CASO PECHADO", dirixido especialmente a un público adolescente que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror. Nel unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar, case todos foron resoltos, son casos pechados, agás un... Ás 20:00 horas volverá a actuar Raquel Queizás cun espectáculo dirixido a público xuvenil e adulto para ofrecerlles o seu show "PALABRAS NA BOCA"... ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR O AFORO DO LOCAL. E continuaremos co ciclo os días: 15 de novembro con Cris De Caldas. 22 de novembro con Lorena Pinheiro. e o remataremos o 29 de novembro coas actuacións de Ángeles Goás Amado. Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/caso-pechado-e-palabras-na-boca-de.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 07-Noviembre-2019 11:33