Pazos de Borbén Informa
Mańán mércores 27 de Novembro contaremos coa presenza do mestre, escritor e poeta Antonio García Teijeiro en Pazos de Borbén para compartir as súas experiencias literarias cos alumnos de 5º de primaria nun encontro literario que versará sobre a súa obra “POEMAR O MAR” pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura do ano 2017. "POEMAR O MAR" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. Esta actividade enmárcase no programa de encontros con autores incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/encontro-con-autores-antonio-garcia.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 26-Noviembre-2019 13:00