Pazos de Borbén Informa
Non vos esquezades, esperámosvos!!! Hoxe Venres 29 de Novembro finalizamos as actividades do 4º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar" do Concello de Pazos de Borbén coas actuacións da mestra e narradora Ángeles Goás Amado: Ás 13:00 horas para os alumnos de 1º e 2º de ESO e de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazo ofrecerá o seu espectáculo "O MEDO É LIBRE". Ás 20:00 horas ANGELES GOÁS verémola de novo co seu espectáculo "AS FAMES CONTADAS" dirixido especialmente a público adulto. Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. Mais información clicando no enlace. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/angeles-goas-con-o-medo-e-libre-e-as.html?spref=fb

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 29-Noviembre-2019 14:17