Pazos de Borbén Informa
Comezamos a programación o Mércores 4 de Decembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén no que recibiremos a visita do escritor, investigador e divulgador da mitoloxía e da literatura de tradición oral Antonio Reigosa que nos ofrecerá unha Charla-coloquio titulada "GALICIAENCANTADA. Mitos, Lendas e Contos Populares” na que nos descubrirá o valor da oralidade e facendo un percorrido, apoiado con ilustracións, polos mitos, lendas e contos populares da tradición galega. Descubriremos os agochos (pozos, fontes, montes, xacementos arqueolóxicos...) e as figuras de seres, entre outros moitos, como as mouras, mouros ou encantos, ou como e onde se poden atopar tesouros... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/12/encontro-co-autor-antonio-reigosa.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 03-Diciembre-2019 11:01