Pazos de Borbén Informa
Seguimos con actividades. Hoxe Mércores día 11 de Decembro ás 13:00 horas na Sala de Lectura terá lugar unha actividade organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela e na que colaboramos a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos e o Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos. Esta actividade consiste na actuación da actriz e contadora de historias asturiana Olga Cuervo co seu espectáculo infantil de narración oral “ELAS TAMÉN CONTAN” na que participarán os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén e os usuarios da Asociación Aspavi... Esta actividade forma parte do programa de colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/12/elas-tamen-contan-con-olga-cuervo.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 11-Diciembre-2019 11:40