Pazos de Borbén Informa
Xa temos cartel do I Trail “Pazos de Borbén” , anímate e participa!! Xa está aquí!!! Unha nova edición dun trail que chegou para quedarse e facerse un fixo no calendario dos trails do sur de Galicia, volve a conquista do maxestuoso Galleiro..!! Tras unha exitosa primeira edición, volvemos cunha segunda chea de novidades basadas nun estudiado feedback da anterior edición. Un percorrido totalmente renovado, e todo organizado polo Excelentísimo concello de Pazos de Borben coa colaboración especial do Canicross Vigo, xa experto nestas lides. un percorrido 90% novedoso, con case cero kms de pista, maís sendas e camiños, subidas kilométricas, baixadas trepidantes... sintete coma un xabarín atravesando os matorrais, deixa voar a tua mirada na cima e as súas impresionantes vistas, se un lobo se te invade a néboa, atravesa o río cual basilisco, e coma non, cas vacas cachenas,novas inquilinas do Galleiro, coma espectadoras de luxo!!. Como adianto dúas distancias, 14 km con 700, para os maís iniciados ou os que desexan un rápido sufrimento, e para os mais expertos 28km con 1800, un trail duro pero cheo de aventura e emocións. Podes ser o Rei ou a Raiña da montaña con premios especiais ós primeiros en coroar a cima do Galleiro, proba a ser o Fast & Furious do tramo cronometrado secreto, carallo!! será en subida? será en baixada? será ambas cousas?, sorpresas, sorteos..imaxinaste sair do último avituallamento cun xamón nas mans?. Anota ó teu equipo para a clasificación de clubs, disfruta da festa xunto a casa do concello, garda está data, tatúa na túa pel, pero non esquezas o evento Top deste 19 de Abril en Pazos de Borbén , vémonos!!!!

Archivos adjuntos:
Deportes 22-Enero-2020 11:16