Pazos de Borbén Informa
Seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia que adoptou as seguintes medidas para conter o coronavirus: ✔Peche de centros sociocomunitarios ✔Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días ✔Limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados. ✔Protocolo de actuación no emprego público. Suspéndese a actividade que mañá se ía celebrar do Festival internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA" ata novo aviso. As clases suspéndense dende o próximo luns (recomendando non levar os nenos xa mańàn venres) , o Pavillón municipal quedará pechado ata novo aviso , e as actividades que ten programadas o concello iremos informando puntualmente. A Biblioteca, de momento, permanecerá aberta e seguiremos prestando os nosos servizos con normalidade.
Info Xeral 12-Marzo-2020 14:01