Pazos de Borbén Informa
Con data 18 de marzo, o Alcalde, dictou Resolución de Alcalcía, na que se acordan máis medidas de prevención ante a situación do COVID-19 PRIMEIRO.- En atención aos ditado na normativa estatal, suspéndese a apertura ao público dos locais e establecementos comerciantes polo miúdo, fóra dos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, sanitarios, centros ou clínicas veterinarias, ópticas e produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, prensa e papelería, combustible para a automoción, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tinturerías, lavanderías e o exercicio profesional da actividade de barbería a domicilio. En particular a apertura ao público se atopa suspendida de acordo co establecido no artigo 10.3 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación a espectáculos públicos, circos, locales de exhibición, auditorios, prazas e recintos públicos, pavillóns, percorridos por camiños rurais, probas ou exhibicións, parques infantis e de atraccións. En calquera caso, suspenderase a actividade de calquera establecemento que, a xuízo da autoridade competente, poida supoñer un risco de contaxio polas condicións nas que se estea desenvolvendo. SEGUNDO.- As medidas, lugares, establecementos e actividades enumeradas poderanse modificar, ampliar ou restrinxir por razóns xustificadas de saúde pública, de acordo co establecido pola autoridade competente. TERCEIRO.- Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (Xunta de Goberno Local e Pleno da Corporación) e calquera outra sesión de órganos municipais ou de participación municipal a excepción de calquera outras que fosen preciso celebrar, en tanto permaneza o estado de alarma. O ALCALDE, ANDRÉS IGLESIAS RODRÍGUEZ

Archivos adjuntos:
Info Xeral 18-Marzo-2020 19:09