Pazos de Borbén Informa
Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, o actual teléfono do voluntariado (900 400 800), dependente da Consellería de Política Social, funcionará tamén como un teléfono social. O obxectivo é proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social. O horario deste servizo será de 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana. O persoal que atende este teléfono responderá, de xeito maioritario, os seguintes tipos de chamadas: 1. Persoas que chamen para resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, tal e como vén facendo o teléfono 012. 2. Persoas que necesiten apoio psicolóxico especializado. Derivaráselles a un/unha profesional deste ámbito. 3. Persoas que chamen para informar sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos, que serán analizados pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, derivaranse aos servizos sociais do concello. 4. Persoas que chamen para ofrecerse voluntarias nas próximas semanas.

Archivos adjuntos:
Info Xeral 24-Marzo-2020 13:34