Pazos de Borbén Informa
O Concello de Pazos de Borbén quere extremar as medidas de proteción dos seus veciños ante o comezo da desescalada. Logo de repartir máis de 6.000 mascarillas e 3.000 pantallas protectoras nas últimas datas, o goberno local destinará agora unha nova partida de 1.500 mascarillas para os veciños de idade avanzada ou con patoloxías que aumenten o perigo ante o Covid-19. Para adquirir estas mascarillas, os veciños que se atopen encadrados nun dos grupos de risco deberán solicitalo no teléfono 986 497 035 e o Concello faralla chegar ao seu domicilio. As mascarillas que se repartirán son as coñecidas como quirúrxicas e contan coas homologacións pertinentes. As unidades entregaranse completamente desinfectadas e embolsadas para evitar calquera tipo de contaminación no proceso de entrega. A intención deste novo reparto, segundo indicou a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, é dar unha protección extra aos veciños máis vulnerables agora que dá comezo a primeira fase da desescalada. "Este é un momento de alivio para todos, pero tamén para ser prudentes e seguir ao máximo posible as recomendaciones médicas. Os veciños de Pazos de Borbén estámolo facendo ben e é importante seguir así", indicou a edil.

Archivos adjuntos:
Noticias 09-Mayo-2020 18:11