Pazos de Borbén Informa
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN ENTREGARÁ MASCARILLAS INFANTÍS A TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNICIPIO - O reparto comenzará casa por casa a partir deste venres O Concello de Pazos de Borbén adquiriu unha partida de mascarillas infantís para entregar unha a todos os nenos e nenas do municipio. Todas contan coa correspondente homologación, tripla capa de protección, son reutilizables e estarán dispoñibles en dúas tallas segundo a idade do pequeno. O reparto dará comezo este venres e, tal e como se fixo coas mascarillas cirúrxicas de adulto e as pantallas protectoras entregadas as últimas semanas, realizarase casa por casa para garantir que todas as vivendas reciben as unidades necesarias. Ademais, os veciños que non se atopen nos seus domicilios durante o reparto poderán solicitar os seus mascarillas infantís a través do teléfono do Concello e concertar unha nova entrega. As mascarillas infantís son dun tamaño máis reducido para mellorar a fixación á faciana dos pequenos. Por iso, e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias que desaconsellan o seu uso en menores de dous anos, distribuiranse dous modelos, un para nenos de 3 a 7 e outro para os de 8 a 13 anos de idade. Ademais, pódense desinfectar cun lavado a máis de 60º con auga e xabón ou con osíxeno activo, o que permite usalas a diario. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, explicou que este novo reparto supón unha pequena axuda para os veciños xa que desde o consistorio son conscientes do elevado gasto que supón para as familias a compra de material de protección ante o Covid-19. “Ao final, entre luvas, mascarillas, xeles e demais, a factura en material de protección pódese facer moi grande para determinadas familias. Por iso, aínda que é moi probable que o reparto non remate antes do domingo, é importante que os veciños saiban que van dispoñer delas e, se queren, poidan aforrar eses cartos”.

Archivos adjuntos:
Noticias 20-Mayo-2020 21:25