Pazos de Borbén Informa
NOVO CALENDARIO DE COBRANZA DO ORAL A Deputación de Pontevedra ven de publicar o novo calendario para a cobranza dos impostos municipais aprazados pola situación derivada da crise sanitaria. Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial, e con cita previa, nas oficinas do ORAL. O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación de Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal), na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos). Os interesados en acollerse ao Plan de pagamento fraccionado personalizado COVID-19 deberán presentar a súa solicitude antes do día 15 de xuño do 2020 a través da OVT (https://ovt.depo.gal). O pagamento realizarase ata en 6 mensualidades e non existirá contía mínima no importe de cada prazo. O pago poderase facer de xeito fraccionado para os seguintes tributos: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).

Archivos adjuntos:
Noticias 27-Mayo-2020 18:08