Pazos de Borbén Informa
Ao abeiro do establecido na Resolución do 25 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020 que modifica o adoptado o 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, cómpre informar das medidas específicas que deberán adoptar as entidades organizadoras de festas, verbenas, e outros eventos populares en condicións de seguridade, as cales terán eficacia a partires do vindeiro 1 de xullo: 1. Uso obrigatorio de máscara para o público e organización. Informarase aos asistentes da citada obriga mediante carteis visibles e mensaxes de megafonía. 2. Unha persoa por cada 3 m2 de superficie útil do recinto. A organización haberá de establecer as medidas precisas para manter a distancia interpersoal no interior e exterior do recinto, evitando aglomeracións. 3. Aforo máximo de 1.000 persoas para espazos con superficie útil inferior ou igual a 8.000 m2, e de 2.000 persoas no caso de que exceda de 8.000 m2. 4. Recinto acoutado con puntos diferenciados de entrada e saída. Estableceranse controis de capacidade nos citados puntos, debéndose evitar aglomeracións. 5. Dispensadores de solución/xel hidroalcohólico ou antisépticos con actividade virucida nos puntos de entrada e saída, así como en diferentes puntos do recinto (aseos, postos restauración, postos de venda...). 6. Distancia de 4 metros entre o escenario e o público. A tal efecto haberá de disporse de un cercado de separación. 7. Prohibición de acceso ao escenario por persoas do público Medidas que engadiranse as condicións habituais para a celebración de este tipo de eventos.

Archivos adjuntos:
Info Xeral 02-Julio-2020 21:43