Pazos de Borbén Informa
De acordo co sinalado nos artigos 34 e 35 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para realizar traballos en terreos agrícolas, terreos forestais e zonas de influencia forestal nos que sexa imprescindible facer uso do lume, e sempre fóra da época de perigo alto de incendios, será obrigatorio dispoñer da correspondente comunicación ou autorización de queima: 1. Restos amoreados Queima de restos agrícolas amoreados: Comunicación de queima, que se realizará cunha antelación mínima de dous días Queima de restos forestais amoreados: Autorización de queima. A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días. 2. Queimas controladas: Autorización de queima, que para a súa realización deberán contar coa presenza de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios. A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días. Os cidadáns que desexen realizar unha Comunicación de queima, poden chamar ao teléfono 012, ou ben acceder ao procedemento Comunicacións de queima de restos agrícolas amoreados. Os cidadáns que desexen solicitar unha Autorización de queima, poden chamar ao teléfono 012.
Servizos 05-Julio-2020 18:13