Pazos de Borbén Informa
Continuamos a programación de LER CONTA MOITO 2020 o Xoves día 24 de setembro ás 13:00 horas no que a actriz e presentadora Genma Pardo “GEMOLA” traerános unha actividade de dinamización denominada “DECTECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO...” no que durante os 60 minutos de duración intentaremos que os asistentes resolvan este misterio. "Se soñas con ser un auténtico detective e resolver misterios inexplicables; Se chaman a túa atención as series de investigación; pois esta é a túa oportunidade..." Se prevé a asistencia dos rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, e xa os manteremos informados sobre a resolución deste caso coa axuda da Detective Gemola. Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura. NON VOS ESQUEZADES!!! EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 22-Septiembre-2020 10:00