Pazos de Borbén Informa
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN MANTENSE NA COR VERDE DE INCIDENCIA DA PANIADEMIA PERO TEMOS QUE TER EN CONTA AS RESTRICCIÓNS NO CASO DE DESPRAZANOS A CONCELLOS DE: Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Gondomar, Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio. Só nos poderemos desprazar nos seguintes casos: a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios. b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais. c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil. d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar. e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables. f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes. g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables. i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables. j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade. k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada. Considérase servicios esencias ir ao supermecardo, necesidades de alimentación. Agradecemos os nosos veciños, que grazas o seu comportamento exemplar por agora estamos tendo escasa incidencia no concello, pero por favor extrémenos as precaucións e sexamos mais cautelosos que nunca xa que os concellos limítrofes están todos con mais restricións.
Info Xeral 06-Noviembre-2020 21:04