Pazos de Borbén Informa
PAZOS DE BORBÉN VOLVE HOXE AO NIVEL VERDE DE INCIDENCIA DA COVID-19 A web do Sergas que publica os datos por concellos da incidencia da Covid-19 segundo o número de casos volve a situar ao noso termo municipal en Nivel verde (entre 0 e 7 novos casos nos últimos 7 días). O alcalde, Andrés Iglesias ,quere facer un novo chamamento á prevención e á responsabilidade e agradece a colaboración da vecińanza. Recoméndase ter unha mobilidade reducida, so a desprazamentos imprescindibles, manter a distancia de seguridade, lavar abondantemente as mans ou botar xel hidroalcólico e LEVAR POSTA A MÁSCARA EN TODO MOMENTO. Non podemos relaxarnos , e temos que seguir actuando responsablemente!

Archivos adjuntos:
Info Xeral 20-Noviembre-2020 12:15