Pazos de Borbén Informa

O Venres día 26 de Febreiro teremos unha actividade organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos cun contacontos en liña para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna que se celebra todos os anos do día 21 de febreiro.

O conto "A MALETA" será levado a cabo mediante unha retransmisión en liña por Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos e contado en lingua galega e lingua de signos.

Está baseado no álbum ilustrado "La maleta" do autor Chris Naylor-Ballesteros editado por La Galera editorial:

"Un día un animal estranxeiro chega a un lugar con tan só unha maleta. Algúns animais empezan a facerse preguntas. Que raro! Por que está aqui? De onde vén? E que leva na maleta?

Unha emotiva historia de diversidade, de amizade, de axuda, de emigración e o valor da acollida e aceptación pola diferenza.

A actividade será retransmitida nunha primeira emisión ás 13:00 horas e irá dirixida aos escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e aos usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para  conectarse a través de internet e poder gozar do conto.

Ás 18:00 horas haberá unha segunda retransmisión do conto que poderá ser visualizado polo público e familias en xeral que se conecten a través da páxina de Facebook da Biblioteca. Nesta ocasión o conto estará dispoñible durante unhas dúas horas, aproximadamente, para que poida ser visualizado polo maior número posible de veciños e usuarios de BiblioPazos.


Agradecemos á Fundación Filomena Rivero Alonso a organización desta actividade para a veciñanza do Concello de Pazos de Borbén.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 24-Febrero-2021 14:00