Pazos de Borbén Informa
O Concello de Pazos de Borbén prolongará os eventos para a conmemoración do Día Internacional da Muller durante toda a próxima semana.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello ten organizados varias iniciativas dirixidas a concienciar á veciñanza sobre a igualdade de xénero.

Os actos de conmemoración comezarán o vindeiro luns coa lectura dun manifesto institucional na Casa do Concello e o espectáculo "MICROMACHÍSTA EU?" ás 12:00 horas no Auditorio no Concello a cargo de Felipe Díaz "Caxoto contacontos" -unha charla-contacontos arredor da igualdade- na que participarán os alumnos de 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Ademais engalalnaranse as instalacións municipais con diferentes elementos para reivincidar a igualdade.

O mércores 10 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio da Casa do Concello, a actriz e contadora Raquel Queizás representará o espectáculo "CINEMA DE HISTORIAS da man de Alice Cuy, a nai do cinema", unha  historia destinada a espertar o amor polo cinema a través da figura dunha muller, Alice Guy, a primeira muller en dirixir cine de ficción contando unha historia.

Ademais durante toda a semana o Concello publicará nas súas redes sociais varios vídeos promocionais da campaña deste ano para o 8 de marzo.

A edil de Igualdade, Eloisa Nogueira, destacou o compromiso firme do equipo de goberno coa igualdade desde o primeiro día apoiando toda clase de iniciativas e organizando por primeira vez na historia deste concello talleres por e para as mulleres".

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 07-Marzo-2021 21:01